Escuchar
Jueves, 6 Junio, 2019

A borrasca que desde esta mañá afecta á Comunidade galega provocou preto de 250 incidencias, ningunha delas de gravidade e sen casusar danos persoais.

Fundamentalmente, tratouse de árbores e pólas caídas, obxectos que se desprazaron á vía e actuacións preventivas dos servizos de emerxencias para evitar incidentes.

Así, desde primeiras horas desta mañá e ata as seis da tarde, o 112 Galicia contabilizou preto de 250 incidencias, das cales case a metade producíronse na provincia de Pontevedra, seguida da Coruña, Lugo e Ourense.

De feito, dentro da provincia pontevedresa, Vigo, Vilagarcía, Sanxenxo e Cangas foron algúns dos municipios nos que se rexistron maior número de intervencións dos equipos de emerxencias, así como Ribeira, Muros e Outes resultaron ser os concellos da provincia da Coruña con máis incidencias na circulación, á parte dalgunha intervención sen maiores consecuencias na costa debido ao vento e a acción do mar, que fixo envorcar algunha embarcación e soltarse do amarre outra en Muros e Cangas, respectivamente.

En canto á tipoloxía das incidencias, maioritariamente, tratouse de pólas e árbores caídas, tamén o desprazamento de obxectos á via e accións dos efectivos de emerxencias para previr accidentes, pero ningunha das incidencias revestiu gravidade e tampouco provocaron danos persoais.