Imaxe escoitar Escuchar
Jueves, 19 Septiembre, 2019

Unha muller foi evacuada esta madrugada a causa dun incendio declarado na cociña da súa vivenda, en Carballo.

O intenso fume afectou á ocupante da vivenda, polo que tivo que ser atendida no Punto de Atención Continuada da localidade.

Todo comezou sobre as sete desta mañá cando se produciu un incendio no primeiro piso dunha vivenda situada na Rúa San Martiño. Decontado, os axentes da Policía Local solicitaron axuda ao persoal do 112 Galicia para que fosen mobilizados os bombeiros da vila e apagar un lume que afectaba á campá extractora da cociña e aos mobles do arredor. 

Mentres, un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendía á ocupante da vivenda, que presentaba síntomas de intoxicación por inhalación de fume e polo que foi trasladada ao centro médico. 

Pola súa banda, os efectivos de extinción finalizaron a súa intervención mediante a ventilación da vivenda e o corte do suministro eléctrico como medida de seguridade. Segundo indicaron, a cociña quedou bastante afectada, pero, con todo, a muller poderá acceder ao resto da vivenda.     

facebook twitter instagram