Imaxe escoitar Escuchar
Lunes, 21 Octubre, 2019

Un incendio declarado esta tarde no Centro de Día de San Sadurniño obrigou a desaloxar o recinto, sen que ningunha persoa resultara afectada. Segundo informaron os Bombeiros ao 112 Galicia, as lapas, confinadas nun cuarto, afectaron a unha caldeira de gasóleo e a unha cheminea.

O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso ao fío das 16:00 horas, momento no que os propios traballadores do centro daban conta do ocorrido. Indicaban que vían saír fume da caldeira e procedían, por precaución, a evacuar as dependencias.

Axiña, os xestores de emerxencias do 112 Galicia poñían o suceso en coñecemento dos axentes da Garda Civil e do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Eume que, rematadas as labores de extinción e as correspondentes medicións con resultado negativo, confirmaron o regreso dos usuarios ao interior do centro.

facebook twitter instagram