Imaxe escoitar Escuchar
Viernes, 6 Diciembre, 2019

Catro persoas resultaron feridas despois de bater contra o muro dunha casa co vehículo no que viaxaban, tras saírse da vía cando circulaban á altura do número 12 da rúa do Carballal, en Coiro, no termo municipal de Cangas.

Segundo as testemuñas dos alertantes que chamaron, sobre as 18:00 horas, ao 112 Galicia para pedir axuda, os catro ocupantes estaban todos fora do vehículo pero aseguraban que era necesaria a asistencia sanitaria.  

Así, con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local. Tamén, informouse dos feitos á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Morrazo e aos efectivos de Protección Civil.

Saída de vía no acceso da AP-9
En Santiago, un coche que accedía á AP-9, dirección Padrón, saíuse da vía e chocou contra a mediana.

O accidente ocorreu a escasos minutos das 19:00 horas desta tarde. Foi a esa hora, cando un particular puxo en alerta ao 112 Galicia e, ademais, solicitaba unha ambulancia.  

A partir de aí, os xestores do 112 informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes de Tráfico, da Policía Local, aos Bombeiros da cidade e aos efectivos de Protección Civil. Tamén, deron conta dos feitos ao persoal do servizo da Autoestrada.

Colisión múltiple no Porriño
Tamén, ao fío das 18:30 horas, unha persoa particular indicaba ao 112 Galicia, que acababa de ter un accidente, eran tres coches os implicados que circulaban pola A-55, na saída 15A, dirección Vigo. A alertante aseguraba que se sentía mal.

Decontado, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario e da Garda Civil de Tráfico. Tamén, os Bombeiros de Baixo Miño e os efectivos de Protección Civil da localidade foron informados polo 112 Galicia.

Finalmente, os efectivos de Protección Civil confirmaron ao 112 Galicia que foran dúas persoas as que resultaran feridas e que foran trasladadas polo persoal sanitario ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

 

facebook twitter instagram