Imaxe escoitar Escuchar
Jueves, 20 Febrero, 2020

Unha pota esquecida ao lume foi a causa dun incendio rexistrado no interior dunha vivenda na Praza de Esteban Lareo Castro, na Coruña.

De feito, a muller tivo que ser trasladada polos servizos sanitarios con síntomas de intoxicación por inhalación de fume.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 14:30 horas cando unha persoa particular chamou para informar que vía saír fume pola fiestra dun domicilio na parroquia de San Cristovo das Viñas. Dese xeito, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061  e dos Bombeiros da Coruña.

Nada máis chegar ao lugar dos feitos, o equipo de extinción tratou de atallar as lapas que afectaron á campá extractora e, decontado, procederon a ventilar o inmoble.

A muller foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Desde o 112 Galicia tamén solicitouse a intervención dos axentes da Policía Local e se pasou aviso aos voluntarios de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

facebook twitter instagram