Imaxe escoitar Escuchar
Miércoles, 1 Abril, 2020

A Axencia Galega de Emerxencias pon en marcha o protocolo de cooperación transfronteiriza ARIEM 112 por mor dun mozo que caeu onte ao río na localidade portuguesa de Melgaço. 

Despois de varias horas na súa procura, os equipos de seguridade e rescate de ambas dúas marxes do río Miño volverán á zona para continuar coa busca.

Pasaban das sete da tarde cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun compañeiro da vítima que pedía axuda para localizar a un mozo desaparecido no río, na beira de Remoães, en Melgaço. Segundo puideron averiguar os axentes da Garda Nacional Republicana de Portugal, todo parece indicar que o mozo esvarou e caeu á auga. Durante un tempo, as persoas que estaban con el tíñano á vista, pero a corrente do río arrastrouno ata que lle perderon o rastro.

Coa chegada da noite e a consecuente perda de visibilidade, os equipos de rescate suspenderon a busca ata esta mañá cando se reanudarán estes traballos, para os que os medios portugueses contarán coa colaboración do persoal da Comandancia Naval de Tui. 

 

facebook twitter instagram