Escuchar
Sábado, 30 Mayo, 2020

Un accidente múltiple, no que se viron implicados dous turismos e un camión, saldouse con dúas persoas feridas no concello coruñés de Narón. Unha delas tivo que ser excarcerada polos bombeiros ao quedar atrapada no interior dun dos turismos.

A colisión tivo lugar ás 09:30 horas da mañá de hoxe. Nese momento, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dun particular que solicitaba axuda para os ocupantes dos vehículos implicados nun accidente na estrada que une Cedeira e Pereira, ao pasar a rotonda do Polígono Río do Pozo.

Decontado, desde o 112 púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e  dos Bombeiros de Narón.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia fixeron uso do material de excarceración para liberar a un dos feridos. Finalmente, as dúas persoas foron evacuadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.