Imaxe escoitar Escuchar
Miércoles, 1 Julio, 2020

Unha muller resultou ferida esta tarde en Rois ao saírse da vía o turismo no que viaxaba.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a muller accidentada precisou ser excarcerada polos Bombeiros de Boiro e os efectivos do GES de Padrón, ao quedar atrapada no interior do coche sinistrado, para que fose atendida polos servizos sanitarios de urxencia.

O accidente produciuse na AC-301, concretamente no punto quilométrico 5, uns minutos antes das 16:20 horas.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido a través dunha persoa particular e, decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención dos membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro, do GES de Padrón e do persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Ademais, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.

facebook twitter instagram