Alertas activas:

Escuchar
Jueves, 6 Agosto, 2020

Os bombeiros tiveron que intervir para liberar a unha muller atrapada nun vehículo accidentado en Xinzo de Limia.

O sinsitro produciuse na estrada que enlaza Baronzas coa rotonda do Mercadona, a onde acudiron os equipos de emerxencias para excarcerar á ocupante ante as dificultades que tiña para saír do coche.

Deste xeito, a ferida puido ser atendida polos profesionais sanitarios, que acudiron ao lugar do accidente a bordo da aeronave medicalizada con base en Ourense. Este operativo activouse ás 20:30 horas de onte tras recibir o 112 Galicia o aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que xa enviaba a dotación ao punto. 

Pola súa banda, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Xinzo e pediu a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén contaron coa axuda dos axentes da Policía Local. 

Un ciclista atropela a unha menor en Foz
Sobre a mesma hora, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente rexistrado en Foz. Segundo a información facilitada, un ciclista atropelou a unha nena, que sufriu un forte golpe na cabeza. Deste xeito, desde o 112 Galicia, pasouse aviso aos profesionais sanitarios de urxencia para o traslado da ferida ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil da vila.