Escuchar

Na primavera, o tempo cambia tanto que podes saír baixo un sol abrasante e volver coma un pitiño. É por iso que, antes de poñernos en marcha, cómpre coñecer a previsión meteorolóxica e ir provistos dos elementos necesarios para contrarrestar os imprevistos.

O sendeirismo é unha moi boa opción para aproveitar o tempo de lecer. Axuda a estar en forma e a relaxarse, ao mesmo tempo que permite descubrir algún dos infinitos recunchos de Galicia. Un enorme patrimonio natural á nosa disposición que cómpre protexer mediante unha boa xestión dos nosos propios residuos. Neste senso, recorda gardar o lixo para botalo nos espazos habilitados.

Sen embargo, realizar este tipo de actividades, así como as visitas aos areais, obríganos a ser moi coidadosos e coidadosas coas altas temperaturas, xa que poden afectar ao noso estado de saúde.  

Pola contra, como dicíanos no inicio. O clima propio desta época do ano, tan cambiante, muda axiña a paisaxe e trae consigo algún riscos que debemos ter en conta. De feito, as oscilacións térmicas poden dar lugar a fenómenos ata certo punto sorpresivos, como pode ser a sarabia.

Por iso, evita confiar no estado aparente dos ceos e presta atención á previsión dos expertos meteorólogos, pois logo se forma a tormenta perfecta que nos obriga a baixar da bici ou a extremar as precaucións nas estradas.

Os días de chuvia poden ser poucos, pero intensos. Por iso, mantén o teu vehículo ben equipado para minimizar os efectos dunha precipitación abundante en intervalos de tempo curtos e ti mesm@ utiliza a indumentaria máis axeitada para a actividade que vaias realizar en condicións meteorolóxicas cambiantes.