Imaxe escoitar Escuchar
Domingo, 2 Mayo, 2021

Un accidente de tráfico entre dous coches rematou, esta mañá, con tres persoas feridas, no concello de Cangas.

O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos mediante unha chamada dos servizos sanitarios, poucos minutos despois das 11:00 horas. O sinistro produciuse á altura da rotonda da travesía de Ourense, na localidade pontevedresa.

Nese momento, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros do Morrazo e a Protección Civil de Cangas.

Finalmente, segundo a información recollida polo 112 Galicia, os tres feridos foron trasladados leves, polo 061, ao centro médico de referencia.

Ademais, os medios de intervención confirmaron que a estrada, na que tivo lugar o accidente, era a comarcal PO-551, sobre o punto quilométrico 21. Así, o 112 tamén alertou ao persoal de mantemento da vía para garantir a seguridade na mesma.

facebook twitter instagram