Escuchar
Infografía con indicacións para identificar un sismo

Os tremores de terra poden chegar a xerarnos desconcerto sobre como actuar antes, durante e despois do seu rexistro.

Así, para estar preparados ante a posibilidade de producirse un sismo, atendemos ás seguintes recomendacións:

Antes:

  • Temos a man unha mochila con obxectos importantes (auga embotellada, comida non perecedoira, unha lanterna, un botiquín...), por ser fosen precisos
  • Realizamos simulacros e identificamos as zonas seguras da vivenda, lugar de traballo ou centro de estudos
  • Coñecemos as saídas de emerxencia
  • Aseguraremos aqueles obxectos que poidan caer e ocasionarnos danos (cadros, lámpadas, espellos, estantarías...)
  • Evitamos colocar obxectos pesados en zonas altas
  • Lembramos o teléfono único de emerxencias 1-1-2

Durante:

  • Ante todo, mantemos a calma
  • No interior, protexémonos de todo o que poida caernos enriba
  • Non saímos á rúa mentres o tremor non cesa
  • No exterior, afastámonos das edificacións cara zonas despexadas
  • Ao conducir, paramos nun lugar seguro e sinalizamos o vehículo, sen saír do seu interior

Despois:

  • Desconectamos os suministros da vivenda e revisamos as instalacións
  • Abandonamos as edificacións danadas, sempre polas escaleiras e nunca polo ascensor
  • Temos moito tino ante posibles réplicas do tremor
  • Se quedamos atrapados ou hai persoas feridas, chamamos ao 1-1-2 e contestamos todas as preguntas

facebook twitter instagram