Escuchar

 

O verán é unha época do ano que invita a pasar máis tempo fóra da casa. Neste período levamos a cabo actividades deportivas, imos á praia ou á piscina e gozamos dos nosos ao aire libre.

Todo isto, sumado ás altas temperaturas que se dan no período estival, fai necesario que teñamos en conta unha serie de recomendacións para desfrutar de todo o que nos ofrece esta estación sen expoñernos a posibles situacións de risco.
 

Chegan as vacacións e con elas as ganas de gozar do bo tempo, pero para iso temos que ser precavidos. Nas praias, nos ríos ou nas piscinas hai que cumprir coa cabida permitida e co que nos indiquen as autoridades. Ademais, lembra continuar coas medidas de hixiene e ter moito coidado na auga, sobre todo, se non sabes nadar.


Nesta época do ano é moi importante prever os efectos da calor na saúde, sobre todo as persoas maiores, os nenos ou aqueles que padezan algunha enfermidade crónica. Para iso, ten en conta que é moi importante protexerse do sol, tanto os ollos, como a cabeza ou a pel. Recorda que hidratarse e non abusar de estar moito tempo ao sol é imprescindible.

Nas piscinas, tamén debemos seguir algunhas recomendacións para gozar, con seguridade, de momentos únicos e de relax. Hai que ter moito ollo nas proximidades das piscinas, pode haber zonas esvaradías, tamén debemos vixiar aos máis pequenos e non facer grandes comidas antes de darnos un baño.

 

Un bo plan para este período pode ser facer unha ruta ou practicar sendeirismo. Se escolles esta opción, non esquezas a importancia de levar roupa e calzado axeitado, o móbil cargado de batería, activar o GPS e, por se acaso, mira antes que tempo vai facer na zona.