Imaxe escoitar Escuchar
Martes, 20 Julio, 2021

Unha persoa tivo que ser evacuada, a pasada noite, logo de producirse unha colisión entre unha moto e unha furgoneta en Neda.

O 112 Galicia foi informado deste accidente, na Rúa Castelao da vila coruñesa, a través dun particular, ás nove e vinte da noite. Nesta chamada, a persoa indicaba que, nese punto, acababan de colidir unha moto e unha furgoneta e que o condutor do ciclomotor estaba ferido.

Nese momento, os xestores do CIAE-112 Galicia deron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Neda e ao GES de Mugardos.

Finalmente, os axentes desprazados ata o lugar confirmaron que a persoa ferida fora trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Un ferido tras un autoatropelo en Vigo
Por outra banda, o 112 Galicia tamén recibiu o aviso, a pasada tarde, dunha persoa que foi alcanzada polo seu propio vehículo.

O alertante foi un particular que informaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia dun atropelo dun coche a un peón, sobre as oito do serán, na Avenida de Madrid, na capital olívica.

Así, desde o 112 Galicia puxéronse os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Vigo e da Policía Local.

Posteriomente, o persoal sanitario afirmaba que, cidadáns que estaban no lugar, liberaran á persoa e, ademais, segundo indicaban, o que aconteceu foi que o ferido deixara o coche sen freo de man e este pasoulle por riba.

facebook twitter instagram