Imaxe escoitar Escuchar
Jueves, 22 Julio, 2021

Un incendio orixinado na cociña dunha vivenda, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, rematou ca necesidade de trasladar a dúas persoas.

Arredor das 14:00 horas, unha persoa chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda debido a que lle ardía a cociña da súa vivenda, na Rúa Arzobispo Gelmírez. Durante a comunicación, afirmábase que non había ninguén afectado polas lapas no domicilio.

Inmediatamente, desde o CIAE-112 Galicia alertouse aos Bombeiros de Vilagarcía, á Policía Local e Nacional da localidade e aos membros de Protección Civil. Ademais, para dar apoio nas tarefas de extinción do lume, tamén se desprazaron ata o lugar os Bombeiros de Ribadumia.

Unha vez rematada a intervención no punto, a dotación de Bombeiros de Vilagarcía confirmoulle aos operadores do 112 que o lume comezou na campá extractora e que chegou a afectar aos mobles da cociña.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia -061 engadiron que trasladaron a dúas persoas.

Fume nunha cociña en Poio
Por outro lado, a pouco de dar as tres da tarde, unha persoa informou ao 112 Galicia de que saía moito fume da campá extractora da súa casa, da Rúa Peirao, e de que podía arder.

Os xestores do CIAE-112 déronlle o aviso aos Bombeiros dos parques de Ribadumia e de Pontevedra, ao GES de Sanxenxo, á Policía Local e a Protección Civil.

Pouco tempo despois, os membros do GES de Sanxenxo desprazados ao lugar, afirmaron que o fume proviña de algo que quedara no forno da vivenda pero que non chegou a arder nada. Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais.

facebook twitter instagram