Escuchar

BASES DO CONCURSO DE FOTOS NAS REDES SOCIAIS DO 112 GALICIA

-PROPÓSITOS AXENDA2030-

 

  • Organización

O 112 Galicia organiza un concurso fotográfico nos seus perfís de redes sociais (Facebook e Twitter) con motivo de fomentar na cidadanía o interese polos obxectivos de desenvolvemento sostible.

  • Obxectivo

A finalidade do concurso é promover a concienciación sobre os propósitos da Axenda2030 nos que o 112 Galicia ten cabida:

  1. Redución das desigualdades
  2. Cidades e comunidades sostibles
  3. Educación de calidade
  4. Acción polo clima

Dos dezasete obxectivos ODS que compoñen o conxunto da Axenda 2030, a Axencia Galega de Emerxencias orientou a súa participación e o seu compromiso, principalmente, na igualdade, sostibilidade, educación e defensa do clima.

  • Temporalidade

O concurso dará comezo o día 12 de setembro e rematará o día 23 do mesmo mes.

  • Requisitos
  1. A persoa participante deberá ser seguidor dos perfís do 112 Galicia nas redes sociais (Facebook e Twitter, ambas incluídas)
  2. A fotografía deberá ser orixinal e non ter sido publicada en ningún medio nin plataforma
  3. O contido da fotografía debe versar sobre calquera dos catro propósitos da Axenda2030 (mencionados no apartado 2) e na que se exprese o bo facer da temática ou algún tipo de aportación ao seu fomento
  4. Cada fotografía publicada contará como unha participación sempre que estas sexan diferentes entre si
  5. As persoas que non cumpran cos requisitos mencionados, non poderán optar a ser gañadores do concurso
  6. A fotografía gañadora será elixida polo persoal do 112 Galicia
  • Participación e aceptación das bases

As persoas que desexen participar no concurso deberán publicar as fotografías nos seus perfís de redes sociais (Facebook ou Twitter), etiquetar ao perfil do @112Galicia nas súas imaxes e utilizar o hashtag #EntreTodos2030 tendo en conta que a participación no mesmo implica automaticamente na aceptación das súas bases.

O participante autoriza ao 112 Galicia a incluír os datos facilitados (perfil do usuario en redes e imaxe correspondente) na nosa base de datos e cede os dereitos da imaxe á AXEGA.

Esta información será utilizada para xestionar a participación do usuario no concurso e tamén para avaliar a comunicación recibida e mellorar o noso servizo de atención ao público, con efectos estatísticos.

  • Gañador/es

A fotografía gañadora, de cada un dos propósitos da Axenda2030, farase pública entre os días 25 e 28 de setembro, ambos incluídos, nos perfís do 112 Galicia nas redes sociais, baixo o nome de usuario do autor da mesma.