Imaxe escoitar Escuchar
Viernes, 24 Septiembre, 2021

Un home perdeu a vida esta mañá logo de envorcar o camión formigoneira que conducía, no concello de Ribeira de Piquín.

O 112 Galicia recibiu o aviso, ás dez da mañá, a traves da chamada dun particular, que informaba do sinistro, aproximadamente, no quilómetro 9 da estrada LU-751, e sinalaba tamén que o condutor do camión podería estar atrapado.

Con estes datos, de xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil de Ribeira de Piquín.

Cando os servizos sanitarios chegaron ao punto tan só puideron confirmar o falecemento do condutor, que foi excarcerado polos bombeiros.

Atropelo en Arteixo
Por outra banda, esta mañá, o 112 Galicia tamén recibiu o aviso dun atropelo na Rúa de Vilarrodís, en Arteixo.

Segundo indicaba un particular, arredor das 10 da mañá, unha persoa acababa de sufrir un atropelo nese punto.

Así, desde o CIAE-112 Galicia informouse aos servizos sanitarios, ao Servizo Municipal de Protección Civil de Arteixo, así como aos Bombeiros da localidade.

Finalmente, os servizos de emerxencias confirmaron que a persoa atropelada fora trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

facebook twitter instagram