Escuchar

Aos poucos, recuperamos vellos hábitos e achegámonos á normalidade. Para que isto continúe así, é de suma importancia non baixar a garda, en ningún momento.

Ante calquera consulta ou dúbida sobre o coronavirus, así como tamén ante a presenza de síntomas leves da enfermidade, a cidadanía dispón do número de teléfono 881 54 00 45 ou da páxina web do Sergas, onde atopará toda a información ao respecto.

Ademais, compre salientar que ao chegar a Galicia desde lugares con alta incidencia epidemiolóxica (incluídos na listaxe publicada no Diario Oficial de Galicia) debe comunicarse, o feito, ás autoridades sanitarias:

  • De forma telefónica: 881 00 20 21
  • Mediante o rexistro no seguinte formulario

Para non dar pasos atrás, o mantemento das recomendacións sanitarias e dos hábitos de hixiene constantes, na nosa rutina diaria, é esencial:

  • Manter a distancia mínima de seguridade
  • Usar a máscara de forma axeitada
  • Lavar as mans con frecuencia
  • Ventilación adecuada dos espazos interiores