Unha persoa foi atendida, a pasada noite, a causa dun posible escape de gas na súa vivenda, no concello de Curtis.
Ás doce e cuarto, unha persoa chamou ao 112 Galicia para alertar de que na súa vivenda había unha posible fuga de gas xa que, horas antes, a súa parella comezou a sentirse mal e tivo que ser levada e atendida no centro médico de referencia.
Para o domicilio, situado na Rúa do Doutor Martínez Pardo, en Teixeiro, os xestores do CIAE-112 mobilizaron aos Bombeiros de Betanzos, aos membros do GES e de Protección Civil de Curtis, aos axentes da Garda Civil e ao persoal da empresa suministradora do gas.
Logo de facer as comprobacións necesarias no punto, os Bombeiros confirmaron medicións moi baixas de monóxido de carbono polo que se procedeu a ventilar o lugar.
Desde o 112 Galicia reitérase a insistencia de extremar as precaucións oportunas para evitar imprevistos deste tipo.