Imaxe escoitar Escuchar
Jueves, 25 Noviembre, 2021

Un home perdeu a vida, esta mañá, no concello ourensán de Baños de Molgas, tras sufrir un accidente co tractor que manexaba e quedar atrapado baixo do mesmo.

O suceso tivo lugar en Ponte Ambía de Abaixo, ás doce do mediodía. A esa hora, os xestores do 112 Galicia recibiron o aviso do sinistro mediante a chamada dos servizos sanitarios. Na comunicación, confimábase a mobilización da aeronave medicalizada, de base en Ourense, para o punto.

De contado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informouse aos Bombeiros de San Cibrao e aos membros do GES de Maceda e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do concello. Ademais, tamén se lle facilitaron os datos aos axentes da Garda Civil.

Xa chegados ao punto, o persoal sanitario tan só puido certificar o falecemento do home, que tivo que ser excarcerado polos medios de intervención.

facebook twitter instagram