Imaxe escoitar Escuchar
Lunes, 16 Mayo, 2022

Varios particulares que se atopaban na busca da moza que desaparecera en Carballo localizaban esta tarde o corpo sen vida da muller.

O 112 Galicia recibiu na madrugada do pasado domingo a chamada dunha persoa da súa contorna para alertar da súa falta.

Tras informar aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, que xa coñecían o caso, púxose a disposición deste operativo o apoio e axuda dos voluntarios de Protección Civil de Carballo e da Laracha, ademais acudiron os cans de rescate da agrupación de Oroso e o grupo canino especializado na busca de persoas da agrupación Casaga de Ferrol. Este operativo tamén contou coa colaboración do equipo técnico de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Desde o CIAE 112 Galicia tamén informouse ao GIPCE, por se fose necesaria a súa intervención.

facebook twitter instagram