Imaxe escoitar Escuchar
Jueves, 4 Agosto, 2022

Catro persoas, dous adultos e dous menores, foron evacuados esta tarde ao resultar feridos despois de sufrir un accidente co vehículo no que viaxaban.

Sucedeu ao fío das catro e media, na A-54, en Entrambasaugas, no concello lucense de Guntín.

A esa hora, unha persoa particular daba conta do suceso ao 112 Galicia. Indicaba que unha furgoneta chocara contra a mediana da autovía e que ninguén saíra do vehículo.

Os xestores do 112 pasaron aviso decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Chantada e aos membros do GES de Monterroso. Do mesmo xeito foron avisados os axentes de Tráfico.

Finalmente, os membros do GES confirmaron ao 112 Galicia a evacuación dos catro feridos en ambulancia.

facebook twitter instagram