Imaxe escoitar Escuchar
Martes, 28 Marzo, 2023

Tres persoas tiveron que ser atendidas polo equipo de urxencias sanitarias a causa da inhalación de fume que provocou un incendio declarado nunha vivenda en Vigo. De feito, unha delas tivo que ser evacuada en ambulancia ata o Punto de Atención Continuada da cidade.

Ocorreu ás 16:45 horas nun inmoble situado na Avenida de García Barbón. Foron os veciños os que, alarmados pola acumulación de fume que se apreciaba desde o patio de luces do edificio, contactaron co 112 Galicia para pedir axuda. Segundo a información facilitada durante a comunicación coa central de emerxencias, un calefactor puido ser a causa do incendio, que afectou ao fogar onde residen un matrimonio de avanzada idade.

Nada máis recibir o aviso, desde o 112 informouse aos Bombeiros de Vigo, aos profesionais sanitarios e aos axentes da Policía Local e Nacional. 

Os bombeiros sinalaron que, tras chegar no punto, a situación estaba controlada, polo que procederon coas tarefas de ventilación. Igualmente, comprobaron as condicións de habitabilidade da vivenda.

facebook twitter instagram