Imaxe escoitar Escuchar

A partir do día 20 de abril entrará en vixencia o Decreto 172/2022, do 6 de outubro, no que se establecen as novidades con respecto das medidas de auto protección necesarias para a celebración de eventos multitudinarios.

Co obxectivo de reforzar a seguridade nas actividades con afluencia masiva de público -máis de cinco mil persoas-; e para mellorar a coordinación entre os equipos de intervención no caso de producirse unha situación de emerxencia, as persoas titulares destas actividades deberán comunicar cunha antelación mínima dun mes a súa celebración á Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), tanto en espazos abertos coma en recintos pechados.

Os trámites correspondentes pódense realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, premendo na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&nump...

Como mínimo, deberase incluír o nome do evento, a data, o lugar no que se vai realizar, o teléfono e o enderezo de correo electrónico da persoa coordinadora do Posto de Mando Avanzado, como punto de reunión e coordinación de todos os equipos que interveñen para garantir a seguridade e protección das persoas. 

facebook twitter instagram