Escuchar
Jueves, 25 Mayo, 2023

Un neno resultou ferido na tarde de hoxe, e tivo que ser trasladado ao Hospital do Barbanza polo equipo de urxencias médicas, despois de sufrir un atropelo no concello coruñés de Ribeira.

Foi un familiar do cativo quen chamou ao 112 Galicia, preto das seis horas, para pedir axuda. No seu relato, indicaba que ambos se atopaban no Lugar de Bretal e que, malia estar liberado e accesible, o menor sufrira feridas de diversa consideración.

De inmediato, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e tamén ao GAEM e aos efectivos de Protección Civil da cidade.

Unha vez no lugar, os equipos de intervención puideron prestar auxilio ao pequeno e evacualo en ambulancia ata o centro hospitalario.

Co fin de prestar apoio ao equipo médico, ao punto tamén acudiron os axentes da Policía Local. Cómpre indicar que este accidente tivo lugar na AC-303, aproximadamente á altura do punto quilométrico 2.

Desde o 112 tamén pasouse aviso ao persoal do servizo de mantemento das estradas, por se nalgún momento fose necesaria a súa colaboración.

Atropelo a ciclista no Porriño
Un ciclista necesitou ser trasladado despois de sufrir un atropelo, no Porriño.

Ao fío das 19:00 horas, o 112 Galicia tivo constancia do accidente ao recibir unha chamada do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-601, que comunicaba o desprazamento dunha das súas ambulancias ata o punto quilométrico 54 da EP-2401 para atender a un motorista, ferido de gravidade, ao ser alcanzado por un turismo.

Con eses datos, desde o CIAE-112 alertouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, aos Bombeiros do Porriño e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Finalmente, xa desde o lugar, os membros de Protección Civil do Porriño indicaron aos xestores do 112 Galicia que a persoa foi trasladada ata o Hospital Álvaro Cunqueiro en estado grave.

facebook twitter