Escuchar
Viernes, 29 Septiembre, 2023

Os dous, a dona e a súa mascota, foron rescatados sans e salvos coa axuda dos Bombeiros de Viveiro.

Tras precipitarse o felino pola bufarda da vivenda, situada na Avenida de Lourdes, en Viveiro, a súa dona non dubidou en acudir ao seu auxilio. Para iso, fixo uso dunha manta que lle axudaría a baixar ata onde se atopaba o gato. Sen embargo, unha vez abaixo, a rapaza non era capaz de volver a subir e foi, nese momento, cando a súa nai pediu axuda aos Bombeiros.

Foron precisamente os mesmos Bombeiros quen, pasados uns minutos das 21:00 horas deste xoves, chamaron ao 112 para informar da súa saída. Indicaban que se dirixían a unha vivenda, a petición dunha muller que lles pedira axuda para rescatar á súa filla que non era capaz de subir pola bufarda pola cal descendera.

Con estes datos, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Nacional e da Local, que confirmaron que a rapaza estaba ben pero que non podía saír do habitáculo onde se atopaba. Os efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia.

Finalmente, tras chegar ao punto, os Bombeiros relataron que rescataran sans e salvos á muller e ao seu gato, que se precipitara dous ou tres metros máis abaixo da cuberta onde quedara a súa dona.

facebook twitter instagram