Escuchar
Lunes, 14 Enero, 2019

Os 240 alumnos do CEIP Antonio Insua Bermúdez, en Vilalba, foron evacuados do centro - por precaución -  este mediodía, tras un fallo no cadro eléctrico. Segundo se lle indicou ao 112, había un forte cheiro a queimado procedente do cadro de contadores.

O director do centro púxose en contacto co 112 Galicia ás 14:10 horas do mediodía de hoxe para explicar a situación. No seu relato, informou que non había fume ou lume pero sí se apreciaba un forte olor a queimado. De esa maneira, e por precaución, decidiron evacuar o alumnado do centro. 

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112, alertouse aos Bombeiros de Vilalba, á Policía Local, aos voluntarios de Protección Civil da localidade e tamén á empresa de subministro de electricidade.

Cando os bombeiros chegaron ao lugar, e despois de revisar as instalacións, indicaron que o cheiro procedía dun cabo queimado no mesmo contador, posiblemente, por mor dun exceso de enerxía.

Unha vez rematadas as medicións pertinentes, o centro volveu á normalidade.