Mapa de incidencias | Axega

Info Window Lite
Accidente de tráfico   Incendio urbano   Incendio industrial   Plan Protección Civil
AVISO A POBOACIÓN
A situación no mar empeora no litoral coruñés

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun episodio de meteoroloxía adversa no mar de nivel laranxa, que traerá ondas de 5 a 6 metros ao litoral da provincia da Coruña.

Segundo a previsión, os efectos deste fenómeno deixaranse notar desde as primeiras horas da tarde de mañá.

Por iso, recomendamos seguir estas indicacións

Comeza o mércores, 29 Marzo, 2023 - 19:30
AVISO A POBOACIÓN
A Xunta activa a protección do núcleo de Fórneas (Baleira)

En base aos plans galegos de Protección Civil e de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (PEIFOGA e PLADIGA), a Xunta de Galicia vén de activar a Situación 2 en Baleira (Lugo), debido á necesidade de protexer o núcleos de poboación de Fórneas pola proximidade do lume.

Co fin de facilitar a intervención dos equipos de emerxencias, cómpre evitar achegarnos ao lugar e deixarmos libres todas as vías de acceso.

Comeza o mércores, 29 Marzo, 2023 - 17:45
AVISO A POBOACIÓN
As provincias da Coruña e Lugo rexistrarán ventos de ata 100 KM/H

En concreto, a parte noroeste da provincia de A Coruña e A Mariña de Lugo notarán os efectos dun fenómeno adverso de nivel laranxa por vento previsto para mañá, día 30 de marzo.

Segundo a información facilitada pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), os refachos acadarán tal intensidade que poderán chegar aos 100 quilómetros á hora.

Deste xeito, cómpre que adoptemos as medidas preventivas necesarias, como se indican nesta ligazón

Comeza o mércores, 29 Marzo, 2023 - 12:39
Compartir en redes sociales Compartir facebook twitter email

facebook twitter