Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Dúas persoas trasladadas e varias feridas leves tras unha colisión entre un autobús e un ciclista en Vigo

Un accidente entre un autobús urbano e un ciclista saldouse con dúas persoas trasladadas ao Hospital de Povisa.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 22:00. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, varias persoas resultaron feridas de diversa consideración despois que un autobús chocara con un ciclista no Paseo de Alfonso XII, en Vigo.

Ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, tamén acudiron ao lugar do incidente os axentes da Policía Local. Desde o 112 Galicia, informouse por precaución aos Bombeiros de Vigo e aos membros de Protección Civil.

Finalmente, os servizos de emerxencia confirmaron que as persoas feridas atopábanse liberadas e accesibles e que a maioría era de carácter leve. Sen embargo, outras dúas persoas tiveron que ser trasladadas en ambulancia por mor das lesións sufridas a causa do impacto.