Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Unha persoa perdeu a vida tras ser alcanzada por un tren na Coruña

Ocorreu a primeira hora desta mañá e os servizos sanitarios só puideron confirmar o pasamento da  persoa. Ademais, a circulación ferroviaria permanece interrompida entre O Burgo e A Coruña namentres os equipos de emerxencias traballan no lugar.

Faltaban menos de dez minutos para as 7 horas cando o maquinista do tren contactou co 112 Galicia. Explicaba que acababa de alcanzar a unha persoa en Oza, á altura da praia de Santa Cristina. Na súa conversa, xa indicaba que a persoa atropelada polo convoi podía estar falecida.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional e Local e do persoal de emerxencias de ADIF.

facebook twitter instagram