Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Encontrado o corpo sen vida dun sesaxenario flotando en Vigo

O corpo dun varón sesaxenario foi localizado flotando no mar nas proximidades da Avenida Beiramar, en Vigo.

Poucos minutos despois desta medianoite, os axentes da Policía Nacional informaron do suceso ao 112 Galicia. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, había un corpo flotando á altura do número 59.

Con esta información, púxose en marcha un operativo que contou coa colaboración dos membros de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia e da Policía Local e Nacional. De igual modo, desde o 112 avisou tamén aos membros de Protección Civil da localidade por se fose necesaria a súa colaboración.

Finalmente, os axentes da Policía Local confirmaron que o corpo sen vida fora rescatado da auga. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

facebook twitter instagram