Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Un home resulta ferido de consideración ao caer da bicicleta coa que circulaba en Touro

Un home precisou asistencia a pasada tarde en Touro despois de caer da bicicleta que manexaba no lugar de Vilar.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente ao fío das oito e media, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar dos feitos un helicóptero medicalizado, no que o home accidentado foi evacuado ata o centro hospitalario de referencia debido á gravidade das feridas que presentaba.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Touro, que prestaron apoio ao equipo médico desprazado na aeronave.

facebook twitter instagram