Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Unha persoa foi trasladada logo de colidir dous vehículos no Porriño

Unha persoa resultou ferida e tivo que ser trasladada tras unha choque entre dous vehículos, na localidade do Porriño.

O sinistro tivo lugar ás nove da noite, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dos servizos médicos para alertar do acontecido. O alcance entre os dous coches produciuse en Pontellas, na estrada que une Torneiros con Mosende.

Para acudir ao punto, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) déuselle aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil do concello.

Finalmente, Protección Civil do Porriño comunicoulle ao 112 que unha persoa necesitou ser trasladada.

Atropelo en Noia
Por outra banda, un mozo tivo que ser tamén trasladado en Noia, na tarde de onte, logo de ser alcanzado por un coche.

Foi un particular quen lle comunicou o atropelo ao 112 Galicia, a poucos minutos das 19:30 horas, na Rúa da República Argentina. Así, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron ao 061, á Policía Local, aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Noia que, desde o lugar, indicaron que a persoa foi trasladada ao centro de saúde.

facebook twitter instagram