Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Unha muller resulta ferida tras colidir un turismo e un autobús en Vigo

Unha colisión entre un vehículo e un autobús, ocorrida a pasada tarde na cidade de Vigo, saldouse cunha muller ferida que necesitou ser trasladada.

O 112 Galicia recibiu o aviso do sinistro, pasadas as 20:00 horas, mediante a chamada dos servizos médicos. Na comunicación, informábase de que un autobús de liña acababa de chocar contra un turismo na Praza de España, en dirección a Gran Vía.

Deste xeito, desde o CIAE-112 Galicia notificóuselle o ocorrido á Policía Local e aos Bombeiros e membros de Protección Civil da localidade.