Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Unha persoa ferida en Ordes despois de envorcar co seu vehículo

Os Bombeiros tiveron que colaborar na evacuación do ferido, aínda que non foi preciso o uso do material de excarceración.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 00:45 horas desta pasada madrugada. Un particular contactaba, a esa hora, cos xestores de emerxencias para informar dun coche envorcado na DP-5903, punto quilométrico 2,  moi preto da Ponte Quinin, no concello coruñés de Ordes.

Tras comprobar coa axuda dunha lanterna, o alertante asegurou que no interior do vehículo había unha única persoa ferida e, posiblemente, atrapada.

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ordes, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que a persoa, o condutor e único ocupante do turismo, xa fora liberada sen ser preciso excarcerar.

Así, os Bombeiros, tras proceder coas tarefas de limpeza da vía nada mais ser evacuado o condutor polos profesionais sanitarios, deron por rematada a súa intervención.

facebook twitter instagram