Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Un home falece en Vimianzo tras saírse da vía posiblemente a causa de sufrir unha indisposición

Unha indisposición ao volante puido ser a causa que provocou que o condutor se saíra da vía

Ao fío das 23:15 horas deste pasado domingo, os servizos sanitarios contactaban co 112 Galicia para informar dunha saída de vía cun varón inconsciente, na AC-441, no lugar de Baíñas, en Vimianzo.

Así, con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico, dos Bombeiros de Cee e dos efectivos de Protección Civil da localidade.

Nada máis chegar ao lugar, os profesionais sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do condutor e único ocupante do turismo.

facebook twitter