Noticias destacadas no período comprendido entre as 18:00 e as 08:00 horas

Arden serraduras e varios palés no interior dunha nave de tratamento de madeira en Sarria

Ningunha persoa resultou ferida nin afectada polos efectos do lume, que se declarou nunha nave industrial no Polígono de Betote.

Ata o lugar do incendio mobilizáronse os Bombeiros de Sarria, para levar a cabo a extinción das lapas. Arderon serraduras e varios palés no interior das instalacións. Tras sufocar o incendio, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento levaron a cabo tarefas de arrefriamento nas zonas afectadas.

Tamén se desprazaron á nave, tras ser alertados polo 112 Galicia, os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Ademais, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento das autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.

Cabe indicar que o 112 Galicia rexistrou a alerta do incendio ao fío das 07:00 horas, a través da chamada dunha persoa particular.