Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Ferida de consideración tras saírse da vía en Dodro

Nestes intres os servizos de emerxencia traballan na liberación dunha condutora que bateu co seu vehículo contra un poste ao saírse da vía, cando circulaba pola estrada que une as localidades de Padrón e Ribeira, a altura do lugar de Imo. O accidente ocorreu ao fío das 12:30 horas deste mediodía. Foi a esa hora, cando unha persoa particular alertou ao 112 Galicia.

Decontado, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento do persoal sanitario. Ademáis, informaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Padrón.

Unha vez no lugar do accidente, persoal sanitario comunicou ao 112 Galicia a saída do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Así mesmo, os bombeiros indicaron que a condutora estaba atrapada no interior do turismo, polo que, foi preciso o uso do material de excarceración para liberar á muller ferida.