Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Unha persoa ferida en Santiago a causa dun choque entre un autobús e un turismo

Unha colisión entre un autobús e un turismo deixa unha muller ferida no concello de Santiago.

O accidente ocorreu pasados uns minutos das 11:45 horas na Rúa Rosalía de Castro, na parroquia do Castiñeiriño. Foi a esa hora cando os servizos sanitarios de urxencia comunicaban ao 112 Galicia, que unha ambulancia se desprazaba ao punto.

Nada máis recibir a chamada de alerta, o 112 Galicia ademais de solicitar a intervención dos Bombeiros de Santiago, puxo os feitos en coñecemento da Policía Local e dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez atendida a condutora do turismo polos servizos sanitarios foi evacuada ao Centro Hospitalario da Rosaleda.