Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un operario sofre unha caída cando traballaba nun edificio en obras en Santiago

Un operario resultou ferido na mañá de hoxe ao precipitarse desde unha altura de seis metros mentres traballaba nas obras dun edificio situado na Rúa Manuel Beiras, en Santiago de Compostela.

Os efectivos dos servizos sanitarios chamaron ao 112 Galicia para informar dos feitos minutos despois das 09:00 horas. Decontado, os xestores do CIAE alertaron á Policía Local e Nacional e tamén aos voluntarios de Protección Civil por se fose necesaria a súa colaboración.

O traballador foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.