Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Unha muller resulta ferida tras envorcar o vehículo que conducía despois de saírse da vía no Covelo

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Ponteareas que, aínda que non foi preciso o uso dos medios de excarceración, si colaboraron cos profesionais sanitarios e de Protección Civil na evacuación da ferida.

O 112 Galicia recibiu, sobre as 12 deste mediodía, o aviso do accidente por parte do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Informaban dunha saída de vía cun coche envorcado e con persoas atrapadas no seu interior, ao seu paso polo Covelo (Pontevedra), na EP-5107, moi preto do río Casigueiro.

A partir de aí, desde o 112 Galicia informouse aos membros do GES-SPEIS de Ponteareas, que saíron cara o punto de inmediato. Do mesmo xeito, pasouse aviso aos axentes de Tráfico e aos efectivos de Protección Civil Oitavén-Tea.

Ademais, segundo a información facilitada ao 112, os servizos sanitarios derivaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no mesmo lugar dos feitos e que, finalmente, trasladou á ferida o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.  

facebook twitter instagram