Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Dúas persoas, unha delas falecida, foron alcanzadas en O Pino por un coche que continuou a marcha

Sucedeu no concello coruñés do Pino, nun pista que pasa por debaixo da A-54, e que Ferreiros e Dodro, á altura de Ferreiros. 

Un particular foi quen, ás 11:40 horas de hoxe, avisou ao 112 Galicia.  Indicaba que un coche continuara a marcha despois de alcanzar a unha persoa. Aseguraba que se trataba dun accidente grave.

Tras contactar co persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, indicaron que cara o punto se desprazaba o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, posto que unha persoa falecera e outra resultara ferida de consideración. 

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse dos feitos á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa e de Santiago. 

Finalmente, os profesionais sanitarios confirmaron ao 112 Galicia o traslado en ambulancia da persoa que resultara ferida ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. 

facebook twitter instagram