Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Unha muller perde a vida tras envorcar o seu vehículo en Culleredo

A condutora dun turismo perdeu a vida ao mediodía de hoxe despois de envorcar o vehículo no que viaxaba mentres circulaba pola N-550, á altura da rotonda de desvío para o Aeroporto de Alvedro, no concello coruñés de Vilaboa.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia ás 13:00 horas de hoxe para alertar do accidente. Segundo o seu relato, a muller quedou atrapada e necesitaba axuda para abandonar o turismo.

Deste xeito, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Arteixo.

Unha vez no lugar dos feitos os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento trataron de usar o material de excarceración para liberar a vítima, pero, desafortunadamente, nada se puido facer por salvarlle a vida.

Neste operativo colaboraron tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local ademais do servizo de mantemento da vía.

facebook twitter instagram