Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Unha muller ferida tras saírse da vía e envorcar o vehículo que conducía en Arzúa

Unha muller resultou ferida esta mañá ao saírse da vía e envorcar co vehículo que conducía cando circulaba pola N-547, á altura do punto quilométrico 58, ao seu paso pola localidade de Arzúa.

Aínda que, segundo informaron os Bombeiros de Arzúa que se desprazaron ata o lugar nada mais ser alertados polo 112 Galicia, non foi preciso o uso do material de excarceración , posto que utilizaron o portón traseiro para evacuar á muller do interior do turismo.

Foi unha persoa particular quen, ás 10:30 horas, alertou ao 112 Galicia e a partir de aí, os xestores de emerxencias pasaron aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros.  Do mesmo xeito, informaron da situación á Garda Civil de Tráfico, Policía Local, efectivos de Protección Civil da localidade e tamén ao persoal do servizo de mantemento da estrada. 

facebook twitter instagram