Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Os bombeiros liberan a unha muller atrapada no seu coche tras saírse da vía e envorcar en Mondoñedo

Unha muller necesitou da axuda dos bombeiros para saír do vehículo no que quedou atrapada despois de envorcar na LU-160, en Mondoñedo.

Ocorreu pouco antes das dez da mañá ao paso pola parroquia da Couboeira, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar.

O seu aviso serviu para activar un operativo no que participaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Barreiros, encargados de liberar á ocupante do vehículo, que envorcou sobre o seu teito no extremo da calzada. Deste xeito, facilitouse a asistencia médica e seu trasladado ao centro hospitalario de referencia da ferida.

Ademais, como consecuencia do impacto, perdeuse parte da carga almacenada no maleteiro e que a persoa que alertou confundiu con combustible.

Cómpre sinalar que este operativo contou tamén coa colaboración dos axentes da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade. 

facebook twitter instagram