Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Excarceran a un home atrapado tras saírse da vía e bater contra unha casa o coche no que circulaba en Xermade

O condutor e único ocupante dun turismo resultou ferido esta mañá despois de que o coche no que viaxaba rematase fóra da vía e batese contra o muro dunha casa en Xermade. Para liberar ao home accidentado, os Bombeiros de Vilalba fixeron uso do material de excarceración. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha vez liberado, o home ferido foi atendido polos servizos sanitarios desprazados e posteriormente trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

O accidente tivo lugar na Lagoa, na parroquia de Burgás, ao fío das 12:20 horas. Foi, nese momento, cando unha persoa particular daba conta do sinistro ao 112 Galicia e, axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xermade.

facebook twitter instagram