Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un motorista perdeu a vida despois de colidir cun camión en Ribeira

Un motorista faleceu esta mañá en Ribeira despois de colidir un camión.

Sucedeu preto da unha desta tarde en Fonte Ramil, parroquia de Castiñeira, tal e como explicou unha persoa particular que viu como o camión alcanzou ao motorista.

Decontado, desde o 112 Galicia, informouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao lugar do accidente a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero, malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Ademais, contaron coa colaboración dunha dotación dos Bombeiros de Ribeira, aínda que a vítima estaba liberada e accesible. 

Por suposto, as forzas de seguridade, os axentes da Policía Local e Garda Civil enviaron patrullas co fin de coñecer todos os detalles do suceso.

O equipo de drons da AXEGA colabora coa Garda Civil no operativo de busca dunha octoxenaria desaparecida en Amoeiro

O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) está a participar no operativo  activado pola Garda Civil para a busca dunha octoxenaria desaparecida en Amoeiro.

Segundo a información recollida polo 112 Galicia, a muller ten algún problema de saúde e goza de certa mobilidade, polo que adoitaba camiñar a media distancia da súa casa, situada na parroquia de Trasalba.

A súa familia visitouna ata última hora da noite, pero ao día seguinte, contra o mediodía, cando chegou o persoal dos Servizos Sociais do Concello de Amoeiro, no domicilio non había ninguén. Así, o persoal do consistorio púxose en contacto co 112 Galicia para dar conta da desaparición da muller e iniciar, desde xeito, a súa busca. 

Nun primeiro momento, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deu conta da situación aos axentes da Garda Civil para activar un operativo no que contaron coa colaboración de voluntarios de Protección Civil da localidade e doutras próximas como Coles, Mancomunidade do Ribeiro e Vilamarín. Sen embargo, chegou a noite e os medios fóronse retirando de forma paulatina con resultado negativo. Con todo, na zona permaneceron os axentes da Garda Civil. 

Pola mañanciña, reactivouse a busca con máis medios. De feito, incorporouse o equipo de drons da AXEGA e tamén dos Bombeiros de Carballiño e, recentemente, brigadas de Medio Rural da contorna. 

facebook twitter instagram