Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Chocan dúas furgonetas ao quedar os seus condutores mirando para o camión accidentado esta madrugada en Vilamartín de Valdeorras

Un descoido provoca un segundo accidente a escasos 200 metros onde esta madrugada saíuse da vía un camión para o transporte de lousa.

O coñecido "efecto mirón" parece ser a causa deste novo accidente, que consistiu nunha colisión sen danos persoais entre dúas furgonetas cuxos condutores quedaron mirando para o vehículo que esta mañanciña bateu contra o peche dunha casa.

Por fortuna, este segundo sinistro saldouse sen danos. Non foi así no accidente da mañá, cando foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Valdeorras para liberar ao copiloto atrapado na cabina. Ambos os dous ocupantes foron traslados ao Hospital de Valdeorras.

Máis tarde, sobre as dez da mañá, produciuse o choque entre as dúas furgonetas que, segundo indicaron os voluntarios de Protección Civil de Vilamartín, tivo que ver co descoido dos condutores ao quedar mirando para o camión accidentado.

facebook twitter instagram