Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un lume afecta á cuberta dun buque mercante na Coruña

Un incendio declarado nun buque mercante no Porto da Coruña está a provocar danos nunha das cubertas do barco.

Arredor da unha menos cuarto, varios particulares alertaban ao 112 Galicia de que se vía saír fume dun cargueiro, ao comezo do peirao da Coruña. De xeito inmediato, dende o CIAE-112 deuse aviso a Salvamento Marítimo, que tiña coñecemento de que o cargueiro estaba realizando tarefas de mantemento no motor. Deseguido, informouse tamén ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061, aos Bombeiros da Coruña, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, á Policía Nacional, á Garda Civil, á Policía Local, a Protección Civil da cidade e á Autoridade Portuaria.

Salvamento Marítimo afirmou que o buque non levaba mercadurías perigosas e que, en todo caso, o que ardía non era a carga, senón un camarote. Posteriormente, confirmouse que o barco estaba cargado de material siderúrxico. Ademais, dende os servizos de emerxencia da Coruña sinalaban que o lume fora provocado por unha soldudara mentres facían labores de mantemento.

Cómpre sinalar que un operario que traballaba na zona precisou asistencia médica por inhalación de fume.

Segundo as últimas informacións facilitadas por Salvamento Marítimo ao 112 Galicia, o incendio está controlado, pero continuan traballando no punto dous remolcadores para arrefríar as paredes do buque.

facebook twitter instagram