Noticias destacadas no período comprendido entre as 08:00 e as 12:00 horas

Un traballador tivo que ser trasladado en helicóptero en Castrelo do Val tras caerlle unha árbore enriba

Un operario necesitou ser evacuado en helicóptero medicalizado tras caerlle unha árbore enriba, no concello ourensán de Castrelo do Val.

Os feitos ocorreron nunha zona forestal próxima ao lugar de Campobecerros, pasadas as doce e media. A esa hora, un particular contactou co 112 Galicia para alertar do accidente laboral e solicitar asistencia médica para o traballador.

Deste xeito, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron do acontecido ao servizos sanitarios, de feito mobilizaron para o punto a aeronave medicalizada con base en Ourense para trasladar ao ferido. Ademais, tamén se lle facilitaron os datos aos axentes da Garda Civil e aos membros do GES de Laza, por se fose necesario dar apoio no lugar.